Miranda aborda con Emma Suevos novas vías de colaboración cultural co Centro Español de Ingolstadt

Miranda aborda con Emma Suevos novas vías de colaboración cultural co Centro Español de Ingolstadt.
Miranda aborda con Emma Suevos novas vías de colaboración cultural co Centro Español de Ingolstadt.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa presidenta do Centro Español de Ingolstadt, Emma Suevos, co obxectivo de explorar novas vías de colaboración cultural que permitan achegar Galicia e as súas expresións culturais á colectividade residente nesta cidade alemá. Durante a reunión, ambos analizaron posibles iniciativas e actividades que contribúan a reforzar a presenza da cultura galega e a favorecer o contacto coa comunidade galega e española asentada na zona.

Miranda trasladou a disposición da Secretaría Xeral da Emigración para estudar fórmulas de cooperación co centro e salientou a importancia de aproveitar este tipo de espazos para dar a coñecer a Galicia actual, ao tempo que se manteñen os vínculos coas raíces. Neste sentido, destacou que a colaboración cultural coas entidades do exterior permite “crear novas pontes con Galicia e facer que a nosa cultura siga chegando ás diferentes xeracións de galegos e descendentes que viven fóra da terra”.

73 lecturas