A Xunta de Galicia participará este sábado na presentación do Festival cinEScultura de Ingolstadt e Ratisbona e anima a todas e todos os galegos en Alemaña a asistir aos diferentes actos dedicados a Galicia
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024.
Representantes da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia asistirán este sábado á presentación da segunda edición de cinEScultura en Ingolstadt e a 17ª en Ratisbona, un evento no que a Xunta de Galicia colabora na súa organización e que este ano se dedica á promoción da cultura galega, ofrecendo unha ventá única ao cine, á lingua e ás tradicións de Galicia.
Ao longo de todo o día están previstas actividades gratuítas para toda a familia, actuacións musicais, unha exposición, actividades infantís e un espectacular pasarrúas polo centro histórico de Ratisbona da man da Banda de gaitas e grupo de danzas "As Xeitosiñas" de Zürich, grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.
Novas relacionadas