Miranda e López Dobarro avalían co cónsul xeral do Uruguai en Santiago de Compostela a situación da colectividade galega nese país
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2022.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta de Galicia no Uruguai, Alejandro López Dobarro, mantiveron un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, con quen analizaron a situación da colectividade galega neste país do Río da Prata.
Durante a reunión que tivo lugar no Consulado Xeral na cidade de Santiago de Compostela, ademais de tratar asuntos dos galegos e galegas residentes no Uruguai, avaliáronse xunto ao representante diplomático as políticas de retorno da Xunta de Galicia, dando así continuidade á colaboración de ambas institucións a prol das e dos galegos residentes no país americano e das entidades que os agrupan.
Novas relacionadas