Miranda destacou o compromiso de Ernesto Lagarón Vidal “Pola súa terra, a súa cultura e a súa xente” no Acto Homenaxe que lle organizou o Concello de A Fonsagrada
- Miranda destacou o compromiso de Ernesto Lagarón Vidal “Pola súa terra, a súa cultura e a súa xente” no Acto Homenaxe que lle organizou o Concello de A Fonsagrada
- Miranda destacou o compromiso de Ernesto Lagarón Vidal “Pola súa terra, a súa cultura e a súa xente” no Acto Homenaxe que lle organizou o Concello de A Fonsagrada
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte ao acto homenaxe ao fonsagradino Ernesto Lagarón Vidal organizado polo Concello con motivo da XXIII Mostra Folclórica. O secretario destacou o “compromiso pola súa terra, a súa cultura e a súa xente” do homenaxeado.
Ernesto Lagarón Vidal é unha das figuras máis importantes da emigración galega en Cataluña. Con só 16 anos emigrou a Barcelona e, dende ese momento, participou activamente en todas as actividades relacionadas coa cultura galega, consolidándose coa creación da Agrupación Cultural Galega “Saudade”, unha das entidades máis importantes actualmente na cidade condal, coa intención de promover a cultura e tradición de Galicia. Así mesmo, foi un dos fundadores da Federación de Entidades Galegas de Cataluña e, posteriormente, fomentou a unión de varias entidades galegas que deron lugar a creación de UAGALCAT (Unión de Asociacións Galegas en Catalunya). En 2001, Ernesto Lagarón recibiu a medalla de Galicia e en 2003 foi nomeado galego do ano en Cataluña por parte do Foro de Terra Galega de Barcelona. “Non só A Fonsagrada debe estar orgulloso del, senón tamén o está toda Galicia”, expresou Rodríguez Miranda.
Novas relacionadas