Miranda destaca en Ourense o valor do talento retornado e do emprendemento creativo con proxectos como o do enxeñeiro galego Pablo González
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o estudo de deseño e creación con pezas LEGO impulsado por un retornado desde Dinamarca coa axuda da Xunta.
A Xunta apoiara este ano máis de 30 proxectos, preto do 70% no rural, de retornados emprendedores na provincia de Ourense.
Miranda destacou o papel da Oficina Integral de Asesoramento e Seguemento ao Retorno de Ourense, que leva atendidas máis de 4.000 consultas desde a súa apertura.
Miranda destaca en Ourense o valor do talento retornado e do emprendemento creativo con proxectos como o do enxeñeiro galego Pablo González
Miranda destaca en Ourense o valor do talento retornado e do emprendemento creativo con proxectos como o do enxeñeiro galego Pablo González
Miranda destaca en Ourense o valor do talento retornado e do emprendemento creativo con proxectos como o do enxeñeiro galego Pablo González
Miranda destaca en Ourense o valor do talento retornado e do emprendemento creativo con proxectos como o do enxeñeiro galego Pablo González
Miranda destaca en Ourense o valor do talento retornado e do emprendemento creativo con proxectos como o do enxeñeiro galego Pablo González
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en Ourense o estudo The Brick Art Lab, creado por Pablo González, un galego retornado de 52 anos que, tras traballar durante oito anos na sede central do grupo LEGO en Billund (Dinamarca), decidiu volver á súa terra para poñer en marcha un proxecto propio que combina arte, innovación e emprendemento creativo.
Este profesional, primeiro LEGO Certified Professional de España, regresou a Galicia en decembro de 2023 e puxo en marcha en 2024 o seu propio estudo de deseño e construción con pezas LEGO, grazas ao apoio do programa de axudas ao autoemprego de persoas retornadas da Xunta, que lle outorgou unha achega de 6.000 euros.
Durante a visita, Miranda salientou que “a traxectoria de Pablo representa á perfección o espírito da Estratexia Galicia Retorna: o talento galego que, logo de triunfar no exterior, volve para innovar, crear emprego e xerar oportunidades aquí, na súa terra”. Engadiu que “proxectos como The Brick Art Lab demostran que o retorno tamén pode ser sinónimo de creatividade e de futuro”.
Este 2025, a Secretaría Xeral da Emigración apoiara máis de 30 proxectos emprendedores na provincia de Ourense, cun investimento total de máis de 215.000 euros. En conxunto, a provincia de Ourense recibiu preto de 900.000 euros de apoio ao retorno en 2025, converténdose nun dos territorios galegos con maior dinamismo emprendedor ligado á diáspora.
O secretario xeral lembrou tamén que desde 2018 a Xunta ten apoiado máis de 200 emprendedores retornados ourensáns, cun investimento acumulado que supera 1,5 millóns de euros, e destacou o papel da Oficina Integral de Asesoramento e Seguemento ao Retorno de Ourense, que leva atendidas máis de 4.000 consultas desde a súa apertura, así como a labor da Oficina Móbil, que visitou xa preto de 40 concellos ourensáns achegando información e acompañamento persoal.
Miranda concluíu destacando que “Galicia é unha terra que aposta polo retorno e polo talento, e exemplos coma o de Pablo González son a mellor mostra de que regresar é posible e rendible, tanto no económico coma no emocional”.
Novas relacionadas



