Miranda: “O retorno dos galegos do exterior dan un novo pulo ao emprendemento nas vilas galegas”
O secretario xeral da Emigración visita en Celanova a un emprendedor retornado apoiado polas axudas da Xunta, que xa beneficiaron a máis de 100 familias en Ourense neste 2025.
Antonio Rodríguez Miranda lembrou que “as persoas retornadas poden recibir ata 10.000 euros de apoio para iniciar o seu negocio, como foi o caso de Rubén”.
Miranda: “O retorno dos galegos do exterior dan un novo pulo ao emprendemento nas vilas galegas”
Miranda: “O retorno dos galegos do exterior dan un novo pulo ao emprendemento nas vilas galegas”
Miranda: “O retorno dos galegos do exterior dan un novo pulo ao emprendemento nas vilas galegas”
Miranda: “O retorno dos galegos do exterior dan un novo pulo ao emprendemento nas vilas galegas”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en Celanova o estudo de deseño e impresión de Rubén Álvarez Pérez, un ourensán retornado desde Alemaña que puxo en marcha o seu propio negocio grazas ás axudas ao retorno emprendedor da Xunta de Galicia.
Durante a visita, Miranda puxo en valor o labor de persoas como Rubén, que “apostan por Galicia como lugar para vivir, emprender e construír futuro”, e destacou que “o seu caso representa o espírito da Estratexia Galicia Retorna: persoas con experiencia profesional, iniciativa e raíces galegas que regresan para contribuír ao desenvolvemento do país”.
Rubén, de 43 anos, regresou hai tres anos coa súa familia desde Alemaña e decidiu converter a súa paixón polo deseño e o gravado nun proxecto empresarial. En agosto de 2022 abriu o seu taller nun local rehabilitado da antiga caseta da Cruz Vermella de Vilanova dos Infantes, onde ofrece servizos personalizados de impresión, rotulación, gravado e deseño para eventos ou negocios.
Esta visita coincide co balance provisional das convocatorias de axudas ao retorno deste ano na provincia de Ourense, onde xa se teñen presentado 107 solicitudes para as axudas extraordinarias ao retorno. No caso das axudas ao autoemprego, 12 persoas solicitaron o apoio. Un investimento de máis de 400.000 euros para estas axudas a día de hoxe.
Miranda lembrou que “as persoas retornadas poden recibir ata 10.000 euros de apoio para iniciar o seu negocio, como foi o caso de Rubén”, e animou a todos os galegos do exterior con intención de regresar a “contactar coa Oficina de Retorno da Xunta, que lles ofrece información, asesoramento e acompañamento en todo o proceso”.
A Xunta mantén aberto o prazo de solicitude destas axudas ata o 30 de setembro, no marco dunha aposta decidida polo retorno como motor de cambio demográfico, económico e social. A nivel galego, no 2024 se superaron as 1.150 axudas extraordinarias e 150 proxectos emprendedores e un investimento de preto de 5 millóns de euros apoiados desde a activación da Estratexia Galicia Retorna.
A visita do secretario xeral tamén serviu para reforzar a mensaxe de que Ourense é un exemplo destacado de integración e emprendemento, cunha rede activa de atención ás persoas retornadas, como a Oficina de Retorno de Ourense, que leva máis de 3.000 persoas atendidas desde 2020, e a oficina móbil, que visitará proximamente Cortegada, Maceda, Maside e Sarreaus entre o 8 e o 11 de xullo.
Novas relacionadas



