A Xunta celebra o XXX Día de Galicia en Castela e León destacando o papel das entidades galegas na promoción da nosa cultura e tradicións
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou nesta xornada festiva que contou coas actuacións de grupos folclóricos e corais procedentes dos centros e casas de Galicia de Salamanca, Valladolid, Ponferrada, Miranda de Ebro e Burgos.
O acto rematou cunha recepción institucional no concello de Salamanca, no que José González agradeceu a acollida da cidade e puxo en valor os vencellos históricos de irmandade entre Galicia e Castela e León.
Así mesmo, recoñeceu a contribución das entidades galegas na preservación da cultura e o seu labor fundamental como nexo de unión da comunidade galega residente fóra da súa terra de orixe.
A Xunta celebra o XXX Día de Galicia en Castela e León destacando o papel das entidades galegas na promoción da nosa cultura e tradicións
A Xunta celebra o XXX Día de Galicia en Castela e León destacando o papel das entidades galegas na promoción da nosa cultura e tradicións
A Xunta celebra o XXX Día de Galicia en Castela e León destacando o papel das entidades galegas na promoción da nosa cultura e tradicións
A Xunta celebra o XXX Día de Galicia en Castela e León destacando o papel das entidades galegas na promoción da nosa cultura e tradicións
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta mañá nos actos de celebración do XXX Día de Galicia en Castela e León, celebrados no Palacio de Congresos de Salamanca. O evento contou coa participación de grupos folclóricos e corais procedentes de diversos Centros e Casas de Galicia da comunidade, como os de Salamanca, Valladolid, Ponferrada, Miranda de Ebro e Burgos. A xornada festiva continuou cun percorrido e actuación na Praza Maior e rematou cunha recepción institucional no Concello de Salamanca, na que estivo presente o seu alcalde, Carlos Manuel García, ademais da conselleira de Industria, Comercio e Emprego do Goberno de Castela e León, Leticia García.
José González agradeceu a acollida da corporación municipal salmantina e puxo en valor os vencellos de irmandade entre Galicia e Castela e León, subliñando a importancia de símbolos comúns e históricos como o Camiño de Santiago. Así mesmo, recoñeceu o labor das entidades galegas pola súa entrega na preservación da cultura e das tradicións galegas, así como o seu labor fundamental como nexo de unión da comunidade galega residente fóra da súa terra de orixe.
O conselleiro reafirmou tamén o compromiso da Xunta coas entidades galegas no mundo, apostando por un diálogo fluído, unha colaboración activa e un apoio constante que permita continuar fortalecendo a presenza da cultura e das tradicións fóra da nosa terra.
Novas relacionadas



