Miranda destaca que “o carácter plural e integrador dos galegos conforma a identidade universal do noso pobo” durante o 54º Capítulo da Orde da Vieira
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á noite ao 54º Capítulo da Enxebre Orde da Vieira que se celebrou en Madrid e no que fixo unha sentida homenaxe de recordo ao Gran Chanceler desta Orde, Enrique Santín, así como destacou o “carácter plural e integrador dos galegos que conforma a identidade universal do noso pobo”.
Na súa intervención, Miranda tamén agradeceu o compromiso de tódalas e tódolos membros da Orde da Vieira coa galeguidade, destacando “todo o que fixeron, fan e farán por Galicia”, en especial, facendo unha mención agarimosa ao que foi un dos seus principais referentes durante 50 anos, Enrique Santín, recordando “que a súa relevancia profesional e cultural comprometida coa causa da galeguidade, permítennos incluílo, sen dúbida, entre os bos e xenerosos que menciona o noso himno”. No acto de onte nomeáronse máis dunha ducia de novas e novos confrades da Orde, facendo aínda máis universal esta senlleira entidade, así como se fixo entrega de varios recoñecementos a galegas e galegos destacados polo seu labor a prol da galeguidade no mundo.
Novas relacionadas