Miranda destaca a figura de Enrique Santín como o espírito integrador que permitiu conxugar o mellor de Galicia e Madrid

  • Imaxe do funeral celebrado na capital de España na memoria de Enrique Santín
    Imaxe do funeral celebrado na capital de España na memoria de Enrique Santín
  • Onte celebrouse en Madrid un funeral na memoria de Enrique Santín, firme defensor dos valores e a cultura galegos na capital de España.
    Onte celebrouse en Madrid un funeral na memoria de Enrique Santín, firme defensor dos valores e a cultura galegos na capital de España.

Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 2 de xuño de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á tarde ao funeral na memoria de Enrique Santín, primeiro presidente da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid, falecido este ano, e que se celebrou na cripta da Catedral da Almudena, onde tamén se homenaxeou a todos os confrades da Orde da Vieira residentes en Madrid que faleceron dende o 2020.

O secretario xeral agradeceu o labor de Enrique Santín ao longo da súa vida a prol de Galicia e das galegas e galegos residentes en Madrid, e destacou a súa traxectoria como firme defensor dos valores e a cultura galegos na capital española, apoiando de xeito efectivo o bo nome e a proxección nacional e internacional de Galicia. Ilustre letrado oriúndo de Lugo e asentado en Madrid, foi pioneiro de numerosas iniciativas conxuntas da galeguidade na capital do Estado como a propia AEGAMA ou a Enxebre Orde da Vieira -da que foi confrade maior-, entre outras.

277 lecturas