Alfonso Rueda destaca en Madrid a relevancia da “Orde da Vieira” como nexo de unión entre os galegos e as galegas da diáspora

Alfonso Rueda foi investido onte Cofrade da Orde da Vieira.

Listen to this page using ReadSpeaker
4 de marzo de 2012.

Enxebre Orde da VieiraO conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda resaltou onte en Madrid a especial relevancia da “Enxebre Orde da Vieira”, como nexo de unión entre os galegos e as galegas da diáspora. Alfonso Rueda foi investido onte novo cofrade da Orde da Vieira, e segundo resaltou no seu discurso de investidura, “para unha persoa que dedica a súa vida diaria ao servizo de Galicia, non hai mellor recoñecemento que ser premiado polos propios compatriotas”.

O conselleiro de Presidencia destacou o papel que xogan as e os emigrantes galegos na aposta da Xunta pola internacionalización das nosas empresas, por captar mercados emerxentes como o brasileiro, o chinés, ou o mexicano, entre outros. O conselleiro resaltou que nesa aposta da Xunta é de especial importancia a labor dos emigrantes e das emigrantes galegas, xa que eles e elas son os mellores embaixadores posibles que pode ter Galicia no exterior.

Rueda gabou a labor da Orde da Vieira, que ten membros dende Canadá ata Filipinas, pasando por Brasil, Estados Unidos e Dinamarca, e que axudan a que Galicia capte investimentos de todas partes. Galicia, segundo palabras do conselleiro necesita que o mundo coñeza a nosa oferta, e os axentes económicos internacionais deben recoñecer a marca Galicia como un socio fiable, que exporta produtos de calidade e que ten as mellores condicións económicas e legais para acoller investimentos exteriores.

Orde da Vieira
A Orde da Vieira naceu coma un xesto de galeguidade por uns universitarios galegos que residían en Madrid, no ano 1967, e que persigue destacar todo o mellor que Galicia ten, as súas xentes, as súas terras, os seus produtos. E sobre todo, busca interrelacionar ás galegas e aos galegos que residen fóra de Galicia, e estimulalos para que manteñan vivo o amor pola terra galega.

932 lecturas