Miranda destaca na Radio Galega a necesidade de que o Goberno central elimine os atrancos que dificultan a integración das persoas retornadas

As medidas terían como obxectivo facilitar a incorporación ao mercado laboral de aquelas e aqueles en idade de traballar, e reducir as desigualdades da lexislación fiscal estatal para as xubiladas e xubilados.

O secretario xeral da Emigración manifestou que o 80% dos galegos e galegas que regresaron dende 2018 son menores de 65 anos, sendo o 60% menor de 45.

Na foto de arquivo, o secretario xeral da Emigración durante unha entrevista na Radio Galega
Na foto de arquivo, o secretario xeral da Emigración durante unha entrevista na Radio Galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, repasou na Radio Galega o balance da Estratexia Galicia Retorna que se acaba de facer pública e insistiu na mensaxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, trasladou ao ministro de Migraciones, José Luis Escrivá, para que o Goberno central elimine os atrancos que dificultan a integración das persoas retornadas. 

Miranda insistiu na necesidade de plans de acceso á vivenda, a axilización do procedemento da homologación de títulos, a redución dos trámites de permisos e residencia para as e os cónxuxes e descendentes, así como a eliminación das desigualdades da lexislación fiscal estatal para as e os xubilados.

Sobre o balance da Estratexia Galicia Retorna, o secretario xeral manifestou que o 80% dos galegos e galegas que regresaron dende 2018 son menores de 65 anos, sendo o 60% menor de 45.

  • Audio: Entrevista ao secretario xeral da Emigración na Radio Galega | Descargar
356 lecturas