Miranda destaca a colaboración da Xunta coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención aos galegos e galegas con maior necesidade socioasistencial

O secretario xeral da Emigración visitou esta asociación galegobrasileira destacando a colaboración anual con esta entidade para contribuír ao financiamento da asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día, que en 2022 superou os 13.000 euros.

  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo
Listen to this page using ReadSpeaker
São Paulo (Brasil), 25 de outubro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións coas que conta a Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo, destacando durante este percorrido o seu labor entregado no apoio aos maiores galegos e galegas con necesidades socioasistenciais e no fomento da galeguidade entre os socios e socias da entidade. Miranda recordou que a Xunta de Galicia colabora “neste labor esencial para os nosos galegos”, apoiando o financiamento do centro de día.

Deste xeito, a Administración autonómica colabora anualmente con esta entidade, que en 2022 superou os 13.000 euros, e cos que se axuda ao financiamento da asistencia ás persoas galegas con necesidades básicas sociosanitarias.  

A Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo é unha entidade sen ánimo de lucro, que posúe un centro de asistencia social inaugurado en febreiro de 1983, que ten como unha das súas actividades primordiais a prestación de atención social á colectividade de emigrantes galegas e galegos e ás e aos seus descendentes residentes en Sâo Paulo e municipios limítrofes. Na actualidade conta cuns 20 usuarios galegos e galegas. 

Durante esta visita, o secretario xeral recordou que o departamento que dirixe leva anos colaborando con este fogar co obxectivo de contribuír á prestación de asistencia á colectividade galega residente no Brasil e que estean a pasar dificultades vitais. “Especialmente é importante esta atención no caso dos máis maiores. O noso interese radica na pretensión de mellorar a súa saúde, o seu benestar social e a súa calidade de vida”, engadiu Rodríguez Miranda.

Na cidade de São Paulo reside unha importante colonia de persoas de orixe galega dentro das case 50.000 persoas que conforman a colectividade no país americano. De feito, Brasil é a segunda nación, trala Arxentina, con maior número de galegas e galegos residentes na actualidade.

347 lecturas