Miranda e a Asociación Casas de Galicia de Barcelona analizan a implicación dos galegos en Cataluña na difusión do Xacobeo
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o presidente e a secretaria da Asociación Casas de Galicia de Barcelona e Provincia, Domingo Balboa e Marisol Pérez, mantiveron un encontro no que se analizou a implicación dos galegos en Cataluña na difusión do Camiño así como as diferentes actividades que se van a realizar co gallo do Xacobeo 21-22.
Esta entidade é froito da unión da Hermandad “A Nosa Galiza”, da asociación “Cova da Serpe”, de Amigos da Gaita “Toxos e Xestas”, da agrupación cultural galega Alborada e da Irmandade Galega O Botafumeiro, e coa finalidade de fomentar as relacións cordiais entre as mesmas, e deste xeito, poder potenciar a organización de actos culturais, sociais, económicos e folclóricos conxuntos. En total contan con 1.500 socios.
Novas relacionadas




