A delegada da Xunta no Uruguai asistiu á ultima actividade polo Día das Letras Galegas, da man do Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega de Montevideo

  • Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas 2023 no CCR Alma Gallega de Montevideo
    Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas 2023 no CCR Alma Gallega de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 30 de maio de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á clausura dos actos polo Día das Letras Galegas que, neste caso, correspondeu ao Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega de Montevideo. Neste encontro proxectouse un vídeo relativo á figura do homenaxeado deste ano, Francisco Fernández del Riego, así como se puido desfrutar da actuación do coro e do corpo de baile desta entidade, con coreografías aprendidas nas Escolas Abertas, e acompañados do gaiteiro Carlos González e o seu grupo, pertencentes ao Centro Social Cultural y Deportivos de Bolos Valle Miñor.

No acto estiveron tamén presentes o presidente da asociación, Jesús Rodríguez, a secretaria, Esperanza Pereira, así como directivas da institución. O acto contou cunha chocolatada que puideron gozar máis dun centenar de persoas. 

292 lecturas