Miranda comparte coa multitudinaria familia galega de Venezuela o inicio das celebracións do próximo Nadal

O concerto de Nadal da Hermandad, xunto coa actuación de Lucía Pérez, destacaron a riqueza cultural de Galicia e a súa vibrante tradición musical.

O secretario xeral participou no acto de "acendido do Nadal" da Hermandad Gallega de Venezuela.

A Xunta está sempre ao carón das galegas e galegos do exterior, axudando aos que máis o necesitan e tamén participando nas súas celebracións máis relevantes.

  • Imaxe do 'Acendido do Nadal' na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
    Imaxe do "Acendido do Nadal" na Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 2 de decembro de 2023.

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, visitou Caracas onde participou no tradicional "acendido do Nadal" na Hermandad Gallega de Venezuela, un evento multitudinario que congrega á gran familia galega en Caracas e que marca o inicio das celebracións do próximo Nadal. 

Ao longo da tarde desenvolvéronse actuacións tradicionais do Nadal de Venezuela e non faltou unha destacada actuación da artista galega Lucía Pérez, que puxo esa parte de tradición galega, sempre presente nos eventos dos nosos centros.

Miranda asegurou que o acto de acendido das luces “foi máis que unha mera celebración festiva; representou a luz da esperanza e a solidariedade que a Xunta de Galicia mantén cos galegos residentes en Venezuela. Foi un momento para reforzar os lazos culturais e reafirmar o compromiso da Xunta coa comunidade galega no exterior”.

O concerto de Nadal da Hermandad, xunto coa actuación de Lucía Pérez, destacaron a riqueza cultural de Galicia e a súa vibrante tradición musical. “Estes eventos foron oportunidades para que a comunidade galega en Venezuela celebrase as súas raíces e mantivese viva a súa identidade cultural”, asegurou.

A través destas actividades, a Xunta de Galicia buscou non só celebrar a época festiva coa súa comunidade en Venezuela, senón tamén reforzar a mensaxe de que, a pesar da distancia, Galicia segue estando moi presente e comprometida co benestar dos seus cidadáns e cidadás no mundo.

318 lecturas