Miranda dá a benvida á súa terra ás e aos maiores do exterior que hoxe chegaron aos aeroportos galegos para participar no programa da Xunta “Reencontros con Galicia”

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social, levarase a cabo do 9 ao 19 de outubro.

As e os participantes, todas e todos eles de máis de 65 anos e procedentes de Cuba, Venezuela, Brasil, Arxentina e Uruguai, aloxaranse na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón.

Ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e galegas do exterior de maior idade coa  Galicia actual e coas e cos seus familiares.

  • Imaxe da chegada das e dos participantes nos Reencontros con Galicia 2023
    Imaxe da chegada das e dos participantes nos Reencontros con Galicia 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 9 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá no aeroporto de Vigo-Peinador ás e aos participantes no programa Reencontros con Galicia que, nesta ocasión, proceden de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo  facilitar o contacto das e dos galegos do exterior de máis de 65 anos coa Galicia actual e cos seus e as súas familiares.

Este programa, que conta con máis de 30 anos de experiencia, realízase coa colaboración da Consellería de Política Social, e permite que un total de 112 galegas e galegos residentes no exterior poidan realizar diversas actividades de ocio e lecer ao longo dos días 9 ao 19 de outubro, así como percorrer distintas localidades e cidades de Galicia, coñecendo o noso patrimonio cultural e natural. Estarán aloxadas e aloxados na residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón.

“Moitos dos que participan este ano neste programa levan moitos anos sen pisar a súa terra, polo que vai ser moi emotivo para todos eles comprobar a vitalidade desta Galicia próspera e moderna”, explicou Antonio Rodríguez Miranda, quen engadiu que “para a Xunta de Galicia é un orgullo poder axudarlles a regresar á súa casa e incluso, en moitos casos, poder reconectarse cos familiares que levan moito tempo sen ver”.

A Secretaría Xeral da Emigración ten como un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, así como manter os vínculos coa terra e, con máis motivo, segundo apuntou Miranda, “aos nosos maiores, pois eles son os responsables de trasladar ás xeracións xa nadas no exterior ese especial agarimo cara Galicia para que nunca se rompan eses vínculos”.

  • Audio: Declaracións do secretario xeral da Emigración | Descargar
369 lecturas