Miranda e representantes da SXE dan a benvida en Santiago, Vigo e A Coruña aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia"
Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social, levarase a cabo do 8 ao 19 de outubro.
Os participantes, todas e todos eles de máis de 65 anos e procedentes de Cuba, Venezuela, Brasil, Arxentina ou Uruguai, aloxaranse nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e Carballiño.
Miranda e representantes da SXE dan a benvida en Santiago, Vigo e A Coruña aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia"
Miranda e representantes da SXE dan a benvida en Santiago, Vigo e A Coruña aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia"
Miranda e representantes da SXE dan a benvida en Santiago, Vigo e A Coruña aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia"
Miranda e representantes da SXE dan a benvida en Santiago, Vigo e A Coruña aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia"
Miranda e representantes da SXE dan a benvida en Santiago, Vigo e A Coruña aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia"
Miranda e representantes da SXE dan a benvida en Santiago, Vigo e A Coruña aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia"
Miranda e representantes da SXE dan a benvida en Santiago, Vigo e A Coruña aos maiores do exterior que participan no programa "Reencontros con Galicia"
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto con representantes da SXE, recibiron esta mañá nos aeroportos de Santiago, Vigo e A Coruña, aos participantes do programa “Reencontros con Galicia”, procedentes de Venezuela, Cuba, Brasil, Arxentina e Uruguai. Este programa ten como obxectivo facilitar o contacto das e dos galegos do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias.
O programa, que conta con máis de 30 anos de experiencia e se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, permite que preto de 200 galegos residentes no exterior poidan gozar de diversas actividades de lecer e visitas culturais durante a súa estadía, do 8 ao 19 de outubro. Ademais, percorrerán diferentes localidades e cidades galegas para coñecer o patrimonio cultural e natural do país. Os participantes estarán aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón e Carballiño.
“Moitos dos participantes deste ano levan décadas sen regresar a Galicia, polo que este reencontro será moi emotivo, tanto para eles como para as súas familias. Poderán ver de primeira man a vitalidade desta Galicia próspera e moderna”, explicou Antonio Rodríguez Miranda. Engadiu tamén que “para a Xunta de Galicia é un orgullo axudarlles a volver á súa terra e, en moitos casos, a reencontrarse cos familiares que non viron en moito tempo”.
A Secretaría Xeral da Emigración ten como obxectivo promover a participación da colectividade galega no exterior na vida cultural e social de Galicia, mantendo os vínculos coa súa terra de orixe. Segundo destacou Miranda, “os nosos maiores son fundamentais para transmitir ás xeracións nacidas no exterior ese sentimento especial cara a Galicia, garantindo que eses lazos nunca se rompan”.
Novas relacionadas



