Miranda aposta polo retorno emprendedor para impulsar o reto demográfico e as melloras no eido empresarial

Salienta a importancia do programa de axudas ao retorno emprendedor, e anima ás e aos emprendedores do exterior “a traer de volta á súa terra todo o coñecemento adquirido”.

Destaca que dende a activación desta liña foron postas en marcha case 190 iniciativas empresariais en Galicia co apoio da Xunta. 

Subliña que no último ano a provincia de Ourense presentou un total de 13 proxectos, repartidos en 6 municipios: Ourense, Barbadás, Celanova, O Carballiño, Cualedro e Parada de Sil.

  • O secretario xeral da Emigración acode á nova panadería artesá do retornado mexicano José Antonio Cota, onde se vende o pan de Manolo, tradicional na vila ourensá
    O secretario xeral da Emigración acode á nova panadería artesá do retornado mexicano José Antonio Cota, onde se vende o pan de Manolo, tradicional na vila ourensá
  • O secretario xeral da Emigración acode á nova panadería artesá do retornado mexicano José Antonio Cota, onde se vende o pan de Manolo, tradicional na vila ourensá
    O secretario xeral da Emigración acode á nova panadería artesá do retornado mexicano José Antonio Cota, onde se vende o pan de Manolo, tradicional na vila ourensá
  • O secretario xeral da Emigración acode á nova panadería artesá do retornado mexicano José Antonio Cota, onde se vende o pan de Manolo, tradicional na vila ourensá
    O secretario xeral da Emigración acode á nova panadería artesá do retornado mexicano José Antonio Cota, onde se vende o pan de Manolo, tradicional na vila ourensá
Listen to this page using ReadSpeaker
O Carballiño (Ourense), 28 de xaneiro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, avogou hoxe polo retorno emprendedor galego como eixo vertebrador sobre o que  impulsar o reto demográfico e as melloras no eido empresarial. “Desde a Xunta estamos a traballar no retorno do talento galego espallado polo mundo”, salientou Miranda durante a súa visita a unha panadería artesá situada en O Carballiño (Ourense). José Antonio Cota, emprendedor de 51 anos que regresou de México para impulsar unha Boutique na que ofrece, entre outros produtos, o tradicional pan da panadería Manolo, tradicional na vila ourensá, e que nas próximas datas incorporará produtos mexicanos a súa oferta.

“José Antonio amosa como se pode emprender recuperando un oficio tan antigo como o de panadeiro dende outra perspectiva innovadora”, proseguiu o secretario xeral, quen destacou as facilidades ofrecidas nesta volta á casa polo programa de apoio ao retorno emprendedor.

Estas axudas, explicou Miranda, están dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros por cada retornada ou retornado emprendedor, que pode incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. O máximo que se pode obter por cada un dos beneficiarios ou beneficiarias será de 8.000 euros.

Desde a posta en marcha do programa, Miranda destaca que foron postos en marcha un total de 188 proxectos co apoio da Xunta. Destes, o titular do departamento autonómico subliña que no último ano a provincia de Ourense presentou un total de 13 proxectos, repartidos en 6 municipios: Ourense, Barbadás, Celanova, O Carballiño, Cualedro e Parada de Sil.

Neste marco, e ante o bo funcionamento do programa, Miranda avanzou que a Secretaría duplica o seu orzamento para este ano ata chegar aos 400.000 euros, co obxectivo de seguir facilitando a posta en marcha de novos negocios na comunidade. 

Nas vindeiras semanas sairá unha nova convocatoria. Para acadar a axuda, a persoa interesada debe aportar un plan de negocio empresarial que conte cun informe de viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre os cales figuran a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local. 

1.320 ourensás e ourensáns retornaron á provincia 
“Esta aposta polo retorno emprendedor non só nos permite atraer talento, senón que tamén é un piar sobre o que afrontar o reto demográfico”, proseguiu Miranda, quen resaltou que nos últimos datos do INE- que datan do 8 de xaneiro de 2020- un total de 1.320 galegos e galegas retornaron á provincia. 

“Desde a Xunta de Galicia somos conscientes de que a nosa terra dispón dun gran activo capaz de converterse nun dos piares fundamentais sobre os que afrontar o reto demográfico: os miles de galegos de segundas e terceiras xeracións que residen fóra da nosa comunidade, pero que conservan o seu vínculo coa terra que viu partir os seus pais e avós”, concluíu Miranda. 

En imaxes
366 lecturas