Miranda anima ás e aos emprendedores galegos no exterior a “traer de volta a Galicia todo o coñecemento adquirido”

Avoga polo retorno emprendedor como unha das chaves para impulsar a mellora da competitividade empresarial e afrontar o reto demográfico.

Subliña que no último ano A Coruña, con 14, foi a segunda provincia na que máis negocios se estableceron repartidos en 8 municipios: Santiago de Compostela, Arteixo, A Coruña , Laxe, Negreira, Noia, Oleiros e Pontedeume.

  • O secretario xeral da Emigración visita na Coruña a tenda de decoración australiana “Wombat” impulsada pola retornada galega Kathleen McGingley
    O secretario xeral da Emigración visita na Coruña a tenda de decoración australiana “Wombat” impulsada pola retornada galega Kathleen McGingley
  • O secretario xeral da Emigración visita na Coruña a tenda de decoración australiana “Wombat” impulsada pola retornada galega Kathleen McGingley
    O secretario xeral da Emigración visita na Coruña a tenda de decoración australiana “Wombat” impulsada pola retornada galega Kathleen McGingley
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 29 de xaneiro de 2020.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reivindicou unha vez máis a aposta polo retorno emprendedor galego favorecendo  a aparición de novas iniciativas empresariais. “Animo a todos os emprendedores galegos a traer de volta a Galicia todo o coñecemento adquirido. O Goberno galego ten en conta os retornados galegos que traen consigo novas iniciativas empresariais que pretenden salientar a innovación do talento galego”, subliñou Miranda na visita á tenda de decoración australiana “Wombat” da retornada Kathleen McGinley, que volveu de Australia para comezar  un anovador negocio inspirado na súa experiencia no seu país de destino.   

O secretario xeral destacou que “a historia de Kathleen vén a por en valor a innovación e a aprendizaxe no país de destino á hora de emprender un novo negocio na comunidade”. O responsable do departamento autonómico quixo destacar as facilidades ofrecidas polo programa de apoio ao retorno emprendedor. 

Estas axudas, explicou Miranda, abrirán unha nova edición nas vindeiras semanas e están dotadas dunha contía fixa de 5.000 euros por cada retornada ou retornado emprendedor, que pode incrementarse en 1.000 euros máis se se trata dunha muller, e noutros 2.000 se, ademais, o negocio está establecido nun concello rural. 

Para acadar a axuda, a persoa interesada debe aportar un plan de negocio empresarial que conte cun informe de viabilidade económica e financeira de entidade independente, entre os cales figuran a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local.

Dende a posta en marcha do programa, proseguiu Miranda, case 190 proxectos de cidadás e cidadáns galegos retornados teñen aberto novos negocios co apoio da Xunta. E só no último ano, A Coruña foi a segunda provincia na que máis negocios se estableceron repartidos en 8 municipios: Santiago de Compostela, Arteixo, A Coruña , Laxe, Negreira, Noia, Oleiros e Pontedeume.

A Coruña recupera máis de 3.200 galegas e galegos retornados 
A provincia sumou no último ano completo rexistrado (2018) preto de 3.000 retornadas e retornados. Así mesmo, a media de idade das emprendedoras e emprendedores coruñeses retornados ronda os 44 anos.

“Galicia dispón dunha gran capacidade de acollemento cos galegos do exterior para que poidan vir a desenvolver os seus negocios e o seu proxecto de vida”, remarcou Miranda para  referirse á mellora do reto demográfico.

En imaxes
425 lecturas