Miranda asiste á Gala do Mes de Galicia que organiza o Centro Galicia de Bos Aires

  • Imaxe da celebración da Gala do Mes de Galicia en Bos Aires
    Imaxe da celebración da Gala do Mes de Galicia en Bos Aires
  • Imaxe da celebración da Gala do Mes de Galicia en Bos Aires
    Imaxe da celebración da Gala do Mes de Galicia en Bos Aires
Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 2 de xullo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu onte á Gala do Mes de Galicia que organizou o Centro Galicia de Bos Aires na sala Valle Inclán da capital arxentina. No acto estivo tamén presente o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro.

A festa, en homenaxe a Galicia, contou coa participación das escolas deste centro así como das agrupacións do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires. As escolas de Música Celta e de Gaitas, as escolas de cantareiras e o grupo de danzas españolas completaron as actuacións. O Centro Galicia de Bos Aires naceu en xullo de 1979 para proxectar na capital arxentina a identidade galega e preservar nas xeracións futuras os valores fundamentais de Arxentina, Galicia e España. 

307 lecturas