Miranda recibe a Arantxa Fernández Crespo, presidenta da Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana

Antonio Rodríguez Miranda e Arantxa Fernández Crespo, na sede da SXE en Santiago de Compostela
Antonio Rodríguez Miranda e Arantxa Fernández Crespo, na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho á profesora da Facultade de Artes e Letras e presidenta da Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana, Arantxa Fernández Crespo, quen asistiu como experta ao XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas "Os Camiños de América" que se desenvolveu estes días na Universidade de Santiago de Compostela e no que se analizaron diferentes aspectos da relación entre América e Galicia, entre os que destacan os relacionados co ámbito da emigración.  

Arantxa Fernández Crespo forma parte da colectividade galega da Habana e preside a Cátedra de Cultura Galega creada en 1992 a iniciativa da Xunta de Galicia. O obxectivo desta cátedra é a docencia da lingua, cultura e literatura galegas en Cuba, o fomento da investigación e o intercambio de coñecemento, especialmente o rescate da pegada da cultura galega na illa caribeña. 

597 lecturas