Miranda anuncia na radio da Hermandad Gallega de Venezuela a visita ao país americano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou nunha entrevista realizada para o programa de radio da Hermandad Gallega de Venezuela, que se emite pola emisora Radio Capital 710, a visita ao país americano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen aceptou a invitación realizada pola colectividade galega para participar nas actividades organizadas o próximo 14 de abril co gallo do Encontro cultural de centros galegos de Venezuela.
Nesta entrevista, Miranda tamén asegurou que o máximo mandatario galego participará , ás 17:30 horas dese mesmo día (horario de Venezuela), na presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026 que terá lugar na propia Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas. Miranda lembrou que “con este documento traballamos dende a Xunta para ofrecer oportunidades a todos os galegos do exterior que desexan volver a Galicia para construír a súa vida”, con más dun cento de iniciativas centradas especialmente nos eidos laboral, social e formativo.
- Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración no programa radiofónico Sempre en Galiza da Hermandad Gallega de Venezuela | Descargar
Novas relacionadas