Miranda analiza vías de colaboración coa asociación internacional Asicotur de cooperación turística

Miranda e Ares, durante a videoconferencia
Miranda e Ares, durante a videoconferencia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro por videoconferencia co vicepresidente de Asicotur, Jesús Ares, para analizar vías de colaboración con esta asociación internacional de cooperación turística. 

Na reunión, Miranda coñeceu o labor desta entidade, centrada no fomento da cooperación entre destinos, especialmente Latinoamérica, e que inclúe proxectos de asistencia como procesos de cooperación, co obxectivo de converterse nun referente que incentive a profesionais deste sector procedentes destes países para traballar en conxunto por un ámbito, o do turismo, especialmente golpeado pola actual pandemia da covid-19.

454 lecturas