Miranda agradece a Sociedade Rosalía de Castro o seu compromiso cos galegos maiores do Brasil
O secretario xeral da Emigración remata a súa viaxe oficial ao país suramericano cunha visita a esta entidade a que pon como exemplo da “solidariedade cos máis desfavorecidos, marca distintiva da diáspora galega”.
Resalta o traballo de “moitas asociacións en todo o mundo vinculadas a Galicia que cobren as necesidades dos nosos maiores, atendéndoas na medida do posible”.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou a súa primeira viaxe oficial do ano ao Brasil cunha visita á Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos, á que agradeceu a atención que presta diariamente a aos galegos maiores do Brail no Centro de Día que posúe a entidade na cidade brasileira.
“É para min unha honra visitar esta institución e comprobar con orgullo como mantén, adaptándoa aos novos tempos, a súa vocación orixinal de servizo á comunidade”, sinalou o secretario xeral. E engadiu: “A Sociedade Rosalía de Castro ten conseguido que o termo beneficencia se poña ao día en pleno século XXI e, ao tempo, entronque coa súa orixe de facer o ben, e de facelo a quen máis o necesita”.
O titular do departamento autonómico puxo de relevo que a solidariedade cos necesitados de especial coidado nas últimas estacións do seu percorrido vital foi –e aínda o é- un dos sinais característicos da emigración galega. “Son moitos os centros en todo o mundo vinculados a Galicia que se centran no traballo de cubrir as necesidades dos nosos maiores, e atendelas na medida do posible”, incidiu.
A Sociedade Rosalía de Castro púxose en marcha no ano 1945, e conta co apoio do Goberno galego para levar a cabo axuda sanitaria aos españoles residentes en Santos, en especial das persoas sen recursos económicos.
Novas relacionadas