Miranda agradece en Maracaibo o apoio das entidades galegas na difusión da Estratexia Galicia Retorna

Miranda reforzou a mensaxe de que a Xunta de Galicia mantén unha relación estreita e un compromiso firme cos seus cidadáns e cidadás no exterior.

As Oficinas de Atención Social estanse a converter no primeiro punto de información da cidadanía galega antes do retorno a Galicia.

A reunión coa directiva do Centro Gallego de Maracaibo foi unha oportunidade valiosa para compartir visións e coñecer as necesidades específicas da comunidade galega na rexión.

  • Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia ao Centro Gallego de Maracaibo
    Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia ao Centro Gallego de Maracaibo

Listen to this page using ReadSpeaker
Maracaibo (Venezuela), 3 de decembro de 2023.

Na súa viaxe ás diferentes rexións de Venezuela, Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, tivo a oportunidade de ir ao Centro Galego de Maracaibo, onde se reuniu coa directiva e realizou un percorrido polas súas instalacións.

Durante a visita á Oficina de Atención Social da entidade (financiadas pola Secretaría Xeral da Emigración), Miranda constatou que, ademais do importante labor de información e apoio aos galegos e galegas que máis o necesitan, para o acceso ás axudas da Xunta, tamén se realiza un destacado labor de asesoramento ás persoas que queren retornar a Galicia, como primeiro lugar de atención, antes de poñerse en contacto coas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao retorno da Xunta de Galcia.

No posterior encontro coa directiva do Centro Galego de Maracaibo o secretario xeral da Emigración aproveitou para agradecer o apoio das entidades galegas na difusión da Estratexia Galicia Retorna. Tamén tivo ocasión de coñecer as necesidades específicas da comunidade galega no Estado de Zulia, os desafíos e os logros alcanzados polo centro, así como os plans futuros para seguir desenvolvendo o seu labor social e fomentando a cultura e a identidade galegas en Maracaibo.

Durante a súa visita ás instalacións, Miranda puido observar as actividades e os servizos que o Centro Galego ofrece á comunidade. “Percorrer as instalacións permitiume apreciar o esforzo e o compromiso do centro en manter viva a herdanza cultural de Galicia, proporcionando un espazo de encontro e apoio para os galegos residentes na cidade e o seu entorno”.

Ademais, a visita de Miranda reforzou a mensaxe de que a Xunta de Galicia mantén unha relación estreita e un compromiso firme cos seus cidadáns e cidadás no exterior. “A través deste tipo de encontros, a Xunta busca non só apoiar as iniciativas culturais e sociais dos centros galegos, senón tamén recoñecer o papel crucial que xogan na preservación dos vínculos das novas xeracións de galegos nados no exterior, que poden facer posible no futuro a decisión do retorno a Galicia".

252 lecturas