Miranda recibe a representantes da Fundación Nosa Terra para analizar os avances no memorial que recordará o labor dos máis de 10.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no seu despacho a Ricardo Zanetti e a Dorinda Cortizo, fundadores da Fundación Nosa Terra de Panamá, con quen analizou os avances na execución do memorial que recordará o labor dos máis de 10.000 galegos que participaron na construción da Canle que permite a conexión entre o Atlántico e o Pacífico.
A idea de construción deste memorial chegou da man da Fundación Nosa Terra en pleno confinamento pola covid-19, resultado da recollida de datos sobre os galegos que participaron nesta obra, que destacaron precisamente pola súa gran capacidade de traballo, tal e como quedou recollido nos escritos do enxeñeiro xefe, John Frank Stevens, quen asegurou que cada galego valía por tres dos seus compañeiros. Estes eran traballadores humildes, pero a súa obra é de singular grandeza. Nestes intres, o labor de investigación histórica da Fundación continúa, recollendo cada vez maior número de galegos que formaron parte das cuadrillas que traballaron na construción desta canle.
Novas relacionadas