Miranda acompaña aos centros españois en Venezuela no encontro cultural organizado por Feceve en Valencia
Valencia (Venezuela), 9 de xullo de 2023.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao Encuentro Cultural de Centros Españoles en Venezuela organizado por Feceve (Federación de Centros Españoles de Venezuela) e que tivo como obxectivo dar a coñecer a tradición, música e gastronomía españolas entre os veciños e veciñas da localidade venezolana de Valencia.
O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia destacou a importancia de actos desta entidade para dar a coñecer a cultura española, e por tanto tamén a galega, e promocionala nun país no que residen 140.000 cidadás e cidadáns españois. O acto celebrouse no Hogar Hispano Venezolano de Valencia.
Novas relacionadas





