Miranda acode á celebración dos 25 anos de AEGU, e entrega as 'compostelas' aos rapaces e rapazas galegos do Uruguai participantes no 'Conecta con Galicia 2014'

  • Foto coas rapazas e os rapaces galegos do Uruguai que realizaron este verán o Camiño de Santiago dentro do programa 'Conecta con Galicia' da Secretaría Xeral da Emigración
    Foto coas rapazas e os rapaces galegos do Uruguai que realizaron este verán o Camiño de Santiago dentro do programa 'Conecta con Galicia' da Secretaría Xeral da Emigración
  • Imaxe do acto de entrega das compostelas ás rapazas e os rapaces participantes no Conecta con Galicia 2014 da Secretaría Xeral da Emigración
    Imaxe do acto de entrega das compostelas ás rapazas e os rapaces participantes no Conecta con Galicia 2014 da Secretaría Xeral da Emigración

  • As credenciais seladas e as compostelas
    As credenciais seladas e as compostelas
  • Imaxe da celebración do 25º aniversario de AEGU. Foto: E.E.
    Imaxe da celebración do 25º aniversario de AEGU. Foto: E.E.

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2014.

Na segunda xornada da súa viaxe a Arxentina e Uruguai, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entregou as compostelas (acreditacións oficiais de ter realizado o Camiño de Santiago) ás rapazas e rapaces galegos do Uruguai participantes na edición de 2014 do programa “Conecta con Galicia”, da Secretaría.

O acto, que tivo lugar no Centro Ourensán de Montevideo, contou coa presenza de numerosas e numerosos familiares dos mozos e mozas, e no decurso do mesmo fíxose entrega dunha placa de recoñecemento a Ismael Martínez, a persoa encargada nos últimos anos da divulgación e difusión dende a Casa de Galicia de Montevideo, precisamente, dos programas do departamento que dirixe Rodríguez Miranda entre a colectividade galega na capital uruguaia. 

25 anos de AEGU
Xa á tardiña, o máximo responsable autonómico en materia de Emigración acudiu, en representación do Presidente Feijóo, ao evento de celebración dos 25 anos da Asociación de Empresarios de Galicia no Uruguai (AEGU), que combinou de maneira equilibrada o aspecto lúdico e festivo coa rigorosidade que esixe un acto de tal relevancia económica, social e mesmo política na República Oriental. A celebración tivo como colofón a exhibición dunha colección de instantáneas que repasan a historia da institución, e tamén o visionado dun saúda audiovisual realizado para a ocasión polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que animaba á colectividade galega nese país a avanzar xunta na consecución de obxectivos cada vez máis ambiciosos.

Durante a súa intervención ante as e os presentes, Rodríguez Miranda agradeceu o traballo levado a cabo, e as perspectivas de futuro, de AEGU, e recordou que “para chegarmos a este punto fixo falta o esforzo e mesmo sacrificio de moitos dos presentes nesta gala, pero tamén de moitos que hoxe xa non están con nós”, alusión que foi recibida con especial aprobación polo auditorio, composto por empresarias e empresarios galegos pero tamén españois e españolas en xeral, e moitas e moitos con procedencia propiamente uruguaia.

Acoller e ser acollidas e acollidos
Miranda lembrou que o presente e o pasado de Galicia “están marcados polo Camiño de Santiago, vea fundamental no corpo de Europa e da Cristiandade, que nos ensinou a recibir a tódolos pobos do mundo. Así, estaba no noso ADN a capacidade para aproveitarmos o mellor de cada cultura e asumírmola, de acoller e ser acollidos, como sen dúbida o foron de maneira case exemplar a maioría dos nosos paisanos neste país irmán que é o Uruguai”.

O secretario xeral tamén dixo que “esa plena integración non significa renunciar ás raíces, senón traballar arreo polo ben do país de acollida, como fai AEGU, e ao tempo lembrar o lugar de orixe e axudar, na medida do posible, ao seu desenvolvemento mesmo na distancia”. A tal respecto, asegurou Miranda, “AEGU realiza un traballo exemplar do que hoxe celebramos unha data especial. Mais estou certo de que non será a última que celebre forte, unida, e con garantías de futuro. E toda a Galeguidade, da mesma maneira que a Administración autonómica galega, celébrao e séntese satisfeita e orgullosa do voso labor” afirmou.

1012 lecturas