A delegada da Xunta no Uruguai asiste ao acto de recoñecemento ao emprendedor do ano organizado por AEGU en Montevideo

Imaxe do evento celebrado en Montevideo
Imaxe do evento celebrado en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 22 de novembro de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de recoñecemento ao emprendedor do ano neste país organizado en Montevideo por AEGU e que, nesta ocasión, recaeu no empresario, descendente de galegos, Antonio García Rodríguez, propietario da firma  de importación e distribución Sebamar. 

No acto tamén estivo presente a cónsul xeral de España, María Victoria Scola, o presidente da entidade, Estevan Regueira Ares, e as e os expresidentes da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay. Durante a súa intervención ante as e os presentes, Regueira fixo referencia ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda recordando que, no último encontro de empresarias e empresarios do exterior en Galicia, referiuse a esta entidade como unha das máis puxantes e mellor organizadas de cantas puxeron en marcha os galegos e galegas en todo o mundo.

196 lecturas