Javier Caprarelli conta a súa experiencia como bolseiro BEME, que lle permitiu poñer en marcha un negocio en Galicia xunto á súa familia
Javier Caprarelli - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración ten convocadas as novas 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegos e galegas poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23.
Javier Caprarelli optou por solicitar unha bolsa BEME para facer un mestrado na Universidade de Vigo que lle permitira vir a España a estudar e emprender á vila dos seus antepasados, Pontevedra. Instalouse na cidade do Lérez xunto á súa familia e puxo en marcha un negocio.
Novas relacionadas