II Xuntanza de gaiteiros do Instituto Arxentino de Cultura Galega

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2011.

O Instituto Arxentino de Cultura Galega organiza durante os días 20, 21 e 22 de agosto a II Xuntanza de gaiteiros no Centro Gallego de Mar de Prata. O obxectivo é crear un espazo de encontro entre os mozos da colectividade en Arxentina.

O único requisito para participar é ter menos de 30 anos e saber interpretar a Muñeira de Chantada. O centro ofrece aloxamento e comida para todo o interesado en formar parte das xornadas e o seu obxectivo é ser un espazo de aprendizaxe, traballo en grupo ademais dun foro de intercambio de emocións.

Por segundo ano consecutivo acompañará musicalmente na dirección da xuntanza o gaiteiro Daniel Pazos, a petición dos anteriores participantes. A actuación de peche terá lugar no Teatro Colón de Mar del Plata. Para obter máis información o teléfono habilitado é o 493-1798 (interno 31) de 14 a 21.00 horas ou ao email: cgallego@speedy.com.ar.

1136 lecturas