Máis de medio centenar de mozos galegos do exterior coñecen en Bos Aires as claves para acceder ás Bolsas BEME da man do Delegado da Xunta

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 11 de decembro de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración, a través da Delegación da Xunta de Galicia en Arxentina, organizou unha charla informativa aberta ao público sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). Máis de 50 mozos galegos do exterior asistiron ao evento, onde se explicaron as claves para acceder a estas bolsas que facilitan a continuidade de estudos de máster nas universidades galegas. O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, destacou o compromiso da Xunta por promover o retorno da mocidade cualificada e reforzar os lazos cos galegos do exterior.

En estas xornadas, que inclúen tres días de atención personalizada ata o 11 de decembro na Delegación da Xunta en Bos Aires, os interesados poden resolver dúbidas específicas sobre as bolsas e o seu procedemento de solicitude, ademais de presentar a súa documentación para recibir unha asesoría máis directa e individualizada. O delegado animou aos asistentes a aproveitar esta oportunidade para regresar a Galicia e contribuír ao seu desenvolvemento profesional e persoal.

439 lecturas