Case medio centenar de mozos galegos do exterior participan en Montevideo nun encontro sobre as Bolsas BEME da man da Delegada da Xunta

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 13 de decembro de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración, a través da Delegación da Xunta de Galicia en Uruguai, organizou unha charla informativa aberta ao público sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME). Preto de 50 mozos galegos do exterior asistiron ao evento, onde se explicaron as claves para acceder a estas bolsas que facilitan a continuidade de estudos de máster nas universidades galegas. A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez destacou o compromiso da Xunta por promover o retorno da mocidade cualificada e reforzar os lazos cos galegos do exterior.

Nestas xornadas os interesados poden resolver dúbidas específicas sobre as bolsas e o seu procedemento de solicitude, ademais de presentar a súa documentación para recibir unha asesoría máis directa e individualizada. A delegada animou aos asistentes a aproveitar esta oportunidade para regresar a Galicia e contribuír ao seu desenvolvemento profesional e persoal.

512 lecturas