Máis de 40 mozos galegos residentes no exterior solicitaron as axudas da Xunta para estudar en Galicia

Os galegos poderán optar a estudos universitarios oficiais, estudos de Formación Profesional e intercambios universitarios.

Listen to this page using ReadSpeaker

Un total de 46 mozos e mozas galegos residentes fóra de España solicitaron este ano as axudas que a Secretaría Xeral da Emigración concede para a realización de estudos en Galicia durante o curso 2010-2011.

Grazas a este programa, os mozos dispoñen dunha ampla oferta de formación na nosa comunidade. Eles poden optar a estudos de Formación Profesional, universitarios oficiais e intercambios universitarios.

Dende Arxentina é o país dende onde chegaron máis solicitudes, 12, seguido de Uruguai; do resto de España chegaron dúas solicitudes. Para o desenvolvemento deste programa, a Xunta destina unha partida de 390.000 euros.

1791 lecturas