Un libro reúne as fontes e arquivos para o estudo dos movementos migratorios

Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez abordan o Arquivo da Emigración Galega.

Listen to this page using ReadSpeaker
7 de maio de 2012.

Arquivo da Emigración Galega - Consello da Cultura Galega.O Grupo España Exterior, que xa publicou varios tomos dedicados á emigración, acaba de editar o volume La memoria de la emigración, un libro cuxo subtítulo explica a súa vocación de servizo académico e para facilitar o traballo a estudosos: Fontes históricas, centros e arquivos para o estudo dos fluxos migratorios españois.

O volume está coordinado polo profesor galego X. Amancio Liñares, quen tamén asina unha guía de lectura da obra e unha bibliografía sobre a emigración española na historia contemporánea. Óscar Álvarez Gila ocúpase do estudo das fontes históricas para o estudo das migracións ultramarinas no País Vasco, mentres que Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez abordan o Arquivo da Emigración Galega. Sonia Gayo Arias fai o propio co Muséu del Pueblo d´Asturies e Alba Fernández Asperilla e Susana Alba Monteserín detéñense no Centro de Documentación de las Migraciones da Fundación 1. º de Mayo.

Francisco Contreras traballa sobre as orixes da emigración contemporánea en Andalucía e Omayra Lista Liñares analiza xunto a tres expertos o uso das fontes orais nos estudos migratorios.

 

Fonte: La Voz de Galicia

917 lecturas