Publicado un estudo sobre a emigración galega á Arxentina no primeiro terzo do século XX

A obra de Ruy Farías intégrase dentro dun libro dedicado ás migracións internacionais publicado no Reino Unido.

  • Ruy Farías, autor da obra. Foto: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.
    Ruy Farías, autor da obra. Foto: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.
  • María Eugenia Cruset, (coord.). Foto: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.
    María Eugenia Cruset, (coord.). Foto: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina.
Listen to this page using ReadSpeaker
5 de outubro de 2012.

O Museo de la Emigración Gallega en la Argentina (MEGA) informa que o responsable da Área de Investigación, Dr. Ruy Farías, vén de publicar un texto da súa autoría Migration, Collective Organisation and Socio-Political Intervention: Notes on the Role of the Galician Community in Argentine in the Modernisation of Galicia (1900-1936) (Emigración, organización colectiva e intervención sociopolítica: algúns apuntamentos do rol da colectividade galega da Arxentina na modernización de Galicia (1900-1936) ), nun libro editado no Reino Unido dedicado ás migracións internacionais.

O texto, que integra a publicación Migration and New International Actors: An Old Phenomenon Seen With New Eyes (Migración e Novos Actores Internacionais: Un Vello Fenómeno Visto Con Novos Ollos) foi compilado pola investigadora María Eugenia Cruset xunto aos doutras e doutros destacados historiadores.

Farías, que tamén cumpre tarefas como investigador do CONICET e docente do Instituto do Desenvolvemento Humano da Universidad Nacional de General Sarmiento (UNGS) resaltou que no seu traballo esténdese acerca de "a organización colectiva e a intervención sociopolítica que tiveron en Galicia os galegos emigrados no noso país, dinámica na que a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina tivo un rol protagónico".

A compiladora María Eugenia Cruset considera que na actualidade hai novas perspectivas e marcos teóricos dispoñibles para os estudos migratorios. A así chamada 'dimensión política' das Diásporas e o seu rol a nivel internacional como axentes para-diplomáticos, así como a introdución da análise do carácter transnacional do fenómeno migratorio, permítenos explorar en profundidade o noso campo de estudo máis alá da acoutada perspectiva que nos ofrece o encadre do Estado-Nación.

María Eugenia Cruset é historiadora especializada en Relacións Internacionais e profesora das universidades Nacional de La Plata e Católica de La Plata (Arxentina), así como da Universidade Vasco de Quiroga (México). É autora e editora de varios libros e artigos da especialidade. Dirixe o Centro de Historia das Relacións Internacionais do Instituto de Relacións Internacionais (IRI) da Universidade de La Plata e a Cátedra Libre de Pensamento e Cultura Irlandesa da mesma institución. Tamén coordina a Rede "Migración, Nacionalismo e Cidadanía" da Universidade de Santiago de Chile. Participou como coordinadora en numerosos congresos en Europa e América, ao tempo que foi subvencionada pola Axencia Alemá de Cooperación e a Universidade de Reno, Nevada (Estados Unidos).

 

Fonte e fotos: Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

1050 lecturas