A Lexislatura porteña declara de «interese cultural da Cidade Autónoma de Bos Aires» a produción teatral "O charco de Ulises" do Centro Dramático Galego
Bos Aires, 4 de decembro de 2021.
A iniciativa da deputada de orixe galega Cecilia Ferrero, a Lexislatura porteña vén de declarar "de interese cultural da Cidade Autónoma de Bos Aires" a produción teatral O charco de Ulises do Centro Dramático Galego.
A obra, adaptación da Odisea ao contexto da emigración galega a América, estreouse, co apoio da Secretaría Xeral da Emigración, de xeito exitoso nos últimos días tanto en Montevideo como na capital arxentina.
Novas relacionadas