Remata a presentación de solicitudes do programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 persoas vinculadas ás entidades galegas de Europa, España e América, percorran o Camiño de Santiago

A convocatoria remata hoxe ás doce da noite e está dirixida a persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas aos centros galegos do exterior, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo.

O programa desenvolverase na segunda quincena de setembro, percorrendo os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata hoxe, 18 de xullo
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata hoxe, 18 de xullo
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022.

A presentación de solicitudes da convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración  para o programa “Conecta co Xacobeo” deste ano remata hoxe, ás doce da noite. Esta iniciativa está destinada a persoas vinculadas ás entidades galegas do exterior.

Este programa, que se desenvolveu por primeira vez o ano pasado, ten como obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago das persoas vinculadas ás entidades galegas que existen tanto no resto das comunidades autónomas españolas, como nos países europeos e americanos, e que, unha vez vivida a experiencia, colaboren como axentes activos na promoción e difusión do Camiño de Santiago e do fenómeno do Ano Santo Xacobeo nos lugares en que os centros teñen a súa sede.

En total, convócanse 250 prazas, podendo participar nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade asentadas e as e os seus membros entre 18 e 64 anos.

A iniciativa desenvolverase, previsiblemente, na segunda quincena de setembro. As e os participantes percorrerán os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas durante as que se realizará un achegamento ao patrimonio cultural e natural das respectivas zonas do traxecto.
 
Máis información nesta ligazón.

590 lecturas