Javier Guerra analiza con el embajador de Ucrania la posibilidad de incrementar la presencia de empresas gallegas

San Caetano foi o escenario onde o conselleiro de Economía e Industriae o embaixador de Ucrania en Españaexploraron as posibilidades de incrementar os intercambios comerciais entre ambas zonas e de aumentar a presenza de empresas galegas no mercado ucraniano.

Listen to this page using ReadSpeaker

San Caetano foi o escenario onde o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández e o embaixador de Ucrania en España, Anatoliy Scherba, exploraron as posibilidades de incrementar os intercambios comerciais entre ambas zonas e de aumentar a presenza de empresas galegas no mercado ucraniano. 

Javier Guerra e Anatoliy Scherba analizaron a próxima misión comercial plurisectorial organizada polas cámaras de comercio de Santiago e Ourense que, respaldada económicamente nun 40% pola Consellería de Economía e Industria, tratará de abrir máis vías de negocio en Ucrania durante o próximo mes de setembro.

O conselleiro de Economía e Industria comentou a decisión da Xunta a favor de optar á internacionalización do texido empresarial galego e apuntou que o seu departamento incrementou en case un 60% o presuposto xeral destinado á expansión internacional do texido productivo de Galicia, ademáis de aumentar nun 127% as axudas para a financiación das bases de apoio para a internacionalización das empresas galegas.

Javier Guerra estudiou col embaixador a posibilidade de incrementar o peso das exportacións galegas hacia Ucrania, centradas, básicamente nos sectores pesqueiro, da madeira, producción enerxética, das materias primas, da industria auxiliar mecánica e da construcción e da moda.

1864 lecturas