Achégase o momento de solicitar a túa bolsa BEME e optar a vivir experiencias formativas e profesionais como as de Javier Caprarelli, retornado da Arxentina
Javier Caprarelli - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023.
A Secretaría Xeral da Emigración abrirá a comezos de febreiro a nova convocatoria das 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas ou galegos poidan facer un máster nunha das tres universidades de Galicia o próximo curso 2023/24.
Javier Caprarelli optou por solicitar unha bolsa BEME para cursar un mestrado na Universidade de Vigo que lle permitira vir a España a estudar e emprender á vila das e dos seus antepasados, Pontevedra. Instalouse na cidade do Lérez xunto á súa familia e puxo en marcha un negocio.
Novas relacionadas