INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA GALEGAS E GALEGOS NO EXTERIOR ANTE A PANDEMIA DE CORONAVIRUS

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2020.

Ante a situación que a pandemia de coronavirus COVID-19 ten xerado en todo o mundo, e que en España ten derivado na declaración do Estado de Alarma, que afecta a todo o territorio español sen excepción, todas e todos os galegos que se atopen no exterior, sexa pola razón que sexa (vacacións, traballo, residencia permanente, etc), deberán atender as normas ditadas polo país no que se atopan e as do Goberno español de cara o seu regreso.

As embaixadas e consulados españois en cada país do mundo contan con información clara e actualizada sobre os pasos a dar, os trámites e a situación de cada destino. Son estes órganos do Estado español os que teñen competencia exclusiva de asistencia ás e aos españois que se atopan no exterior. 

Se vostede é cidadá ou cidadán galego e está no estranxeiro, consulte as seguintes ligazóns para coñecer o estado exacto de cada destino e o procedemento para acceder a ese país ou regresar a España desde o exterior.

Información consular xeral coronavirus:
http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/SalaDePrensa/ElMinisterioInforma/Paginas/Noticias/20200311_MINISTERIO6.aspx

Contacto das embaixadas e consulados de España no mundo con información detallada e actualizada sobre a situación e os trámites a seguir en cada país:
http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/Paginas/EmbajadasConsulados.aspx

Teléfonos de emerxencias consulares:
http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/SiViajasAlExtranjero/Paginas/Tel%C3%A9fonos-de-asistencia-consular.aspx

3633 lecturas