Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Setembro2025O espectáculo de clausura do Obradoiro da Xunta de Galicia de pandeireta e canto galego reúne en Montevideo preto de cen alumnos para demostrar o aprendido ao longo do curso audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao espectáculo de clausura do Obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego, no que preto dun cento de alumnos demostraron o aprendido ao longo do curso. Este taller, organizado pola Secretaría Xeral da Emigración, contou coa participación das formadoras principais. A actividade forma parte do esforzo conxunto por manter viva a cultura galega entre a colectividade no Uruguai e... Máis información
-
26Setembro2025A Xunta pon de relevo o labor da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami a prol da cultura galega audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, continúa a súa viaxe aos Estados Unidos e vén de manter un encontro cun grupo de socios da Casa de Santa Marta de Ortigueira, unha entidade centrada na cultura, no ocio e na beneficencia fundada en 1972 polo emigrante galego Antonio Couzo García. Recoñecida como centro colaborador da galeguidade, a sociedade conta con 400 persoas socias, máis da metade delas galegas. González puxo... Máis información
-
25Setembro2025A Xunta destaca en Vigo que as axudas ao retorno emprendedor se poden solicitar ata o 30 de setembro para promover novas saídas laborais en Galicia audio O secretario xeral da Emigración visitou na cidade olívica a floraría La Boheme, posta en marcha por unha emprendedora retornada desde Francia coa axuda da Xunta. Antonio Rodríguez Miranda lembrou que “as persoas retornadas poden recibir ata 10.000 euros de apoio para iniciar o seu negocio” e engadiu que, desde a súa activación en 2018, apoiáronse preto de 900 proxectos con máis de 5,4 M€. Destacou o papel fundamental de acompañamento ás... Máis información
-
25Setembro2025A Xunta reforza os lazos coas empresas galegas asentadas en Florida e destaca o seu papel como embaixadoras do espírito emprendedor galego audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou nun encontro coa colectividade residente en Miami. José González iniciou a súa primeira visita institucional ao país norteamericano cun encontro con representantes da comunidade galega asentada en Miami para reforzar vínculos e difundir as oportunidades de retorno. Destacou o papel esencial dos galegos e galegas no exterior na construción da Galicia próspera de hoxe e fixo un... Máis información
-
25Setembro2025A Secretaría Xeral da Emigración súmase ao homenaxe do Celta á emigración galega co himno “Voltarei” no seu regreso a Europa audio O Real Club Celta de Vigo inicia hoxe a súa andaina europea tras varios anos de ausencia, e faino cunha lembranza moi especial á emigración galega a través do vídeo oficial da campaña “Voltarei”. Trátase dun himno que conecta a paixón polo celtismo coa memoria de milleiros de galegos que nos anos 50 e 60 tiveron que marchar a países como Suíza ou Alemaña en busca dun futuro mellor. O tema, que combina música urbana con raíces tradicionais,... Máis información
-
24Setembro2025Miranda: “A colaboración coa colectividade galega en Chile é fundamental para transmitir a nosa cultura ás novas xeracións” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no seu despacho ao vicepresidente do Lar Galego de Chile, Arturo Vasques, co obxectivo de reforzar a colaboración coa entidade e coñecer de primeira man as necesidades e proxectos da colectividade galega residente neste país latinoamericano. Miranda destacou a traxectoria do Lar Galego como referente da cultura galega en Chile e puxo en valor o compromiso desta entidade... Máis información
-
24Setembro2025Como conseguir as invitacións con acceso gratuíto para os concertos de Baiuca e Luz Casal en Bos Aires audio INVITACIÓNS para BAIUCA. Online: No seguinte enlace: AQUÍ. En persoa en: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires. Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo. Son gratuítas. INVITACIÓNS para LUZ CASAL. So en persoa: Na billeteira do Centro Cultural Palacio Libertad. O domingo 12 de outubro a partir das 17:00 horas. 2 INVITACIÓNS gratuítas POR PERSOA. Datas dos concertos: Baiuca, o 10 de outubro na Sala Groove ás 21:00 h... Máis información
-
23Setembro2025Miranda subliña en Padrón que as axudas extraordinarias ao retorno que se poden solicitar ata o 30 de setembro permiten ás familias galegas “Comezar unha nova vida en Galicia” audio O secretario xeral da Emigración visitou en Padrón a Lorena García Zaragoza, quen regresou dende Arxentina co seu marido, dous fillos, un sobriño e o seu pai grazas ás axudas extraordinarias. A convocatoria de 2025 leva xa 1.166 solicitudes presentadas. Miranda destaca o papel fundamental no acompañamento ás familias retornadas que desenvolven as oficinas de retorno. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en... Máis información
-
22Setembro2025Miranda: “O labor conxunto das familias e dos centros galegos no exterior, co apoio da Xunta, fai posible que as novas xeracións manteñan o vínculo e fagan posible o éxito do retorno a Galicia” audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Francisco Solla, referente da colectividade galega en Mar del Plata e expresidente do Centro Galego con una participación moi activa coa diáspora galega. Durante a reunión, Solla estivo acompañado polas súas netas, participantes dos programas de retorno da Xunta, nas Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME), e a outra de FP. Compartiron co responsable... Máis información
-
21Setembro2025A Xunta impulsará a próxima semana en Estados Unidos os lazos coa comunidade galega deste país e as medidas de apoio ao retorno audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitará Miami o vindeiro 24 de setembro, onde se reunirá con persoas da colectividade galega e de empresas galegas radicadas en EEUU. O 26 e 27 de setembro continuará a axenda en Newark e Nova York con distintas visitas e xuntanzas con entidades da diáspora galega presentes nestas cidades. Esta viaxe enmárcase na necesidade de manter o contacto cos galegos do exterior e tamén no... Máis información
Páxinas |









