A Xunta pon de relevo o labor da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami a prol da cultura galega
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, continúa a súa viaxe aos Estados Unidos e vén de manter un encontro cun grupo de socios da Casa de Santa Marta de Ortigueira, unha entidade centrada na cultura, no ocio e na beneficencia fundada en 1972 polo emigrante galego Antonio Couzo García. Recoñecida como centro colaborador da galeguidade, a sociedade conta con 400 persoas socias, máis da metade delas galegas.
González puxo de relevo a traxectoria de Couzo García, xa que antes de vivir en Miami fora fundador da Sociedade de Naturais de Ortigueira na Habana. Así mesmo, destacou que —en beneficio da comunidade galega e hispano-galega de Miami— a Casa de Santa Marta de Ortigueira promova a nosa cultura a través da organización de distintos eventos, ademais de con actividades como a escola de danzas españolas (incluído o baile galego) ou o coro Aires da Terra. Tamén salientou que sirva de punto de encontro para as persoas de orixe galega e descendentes de emigrantes, así como para quen queira achegarse á cultura galega.
Novas relacionadas





