Hernández e Miranda comparten esta fin de semana a celebración da colectividade galega en Zúrich

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e mailo secretario xeral da Emigración participan na celebración do aniversario de ‘As Xeitosiñas’.

Ademais, Miranda visitará os centros galegos de Zug e Olten.

  • O secretario xeral da Emigración visitou o Centro Galego de Zug 'A Nosa Terra', na localidade de Steinhausen
    O secretario xeral da Emigración visitou o Centro Galego de Zug "A Nosa Terra", na localidade de Steinhausen
  • O Centro Galego de Zug (o cantón máis pequeno en extensión da Confederación Helvética) foi fundado no ano 1990
    O Centro Galego de Zug (o cantón máis pequeno en extensión da Confederación Helvética) foi fundado no ano 1990
  • Miranda cos socios e socias do Centro Galicia de Olten, diante da sede da entidade galega no cantón de Solothurn
    Miranda cos socios e socias do Centro Galicia de Olten, diante da sede da entidade galega no cantón de Solothurn
  • Detrás da e dos protagonistas da foto, pódese ollar o mural do Camiño de Santiago dende a localidade suíza de Olten
    Detrás da e dos protagonistas da foto, pódese ollar o mural do Camiño de Santiago dende a localidade suíza de Olten
  • No escenario, Roi Casal; á esquerda na foto, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; á dereita, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda
    No escenario, Roi Casal; á esquerda na foto, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; á dereita, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2014.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, comparten este sábado en Zúrich a grande celebración da diáspora en Suíza cos galegos e galegas asentados naquel país.

Formalmente Festa do Pai e XXXIII Aniversario da Asociación ‘As Xeitosiñas’, trátase dunha das grandes citas anuais da colectividade galega na Confederación Helvética, na que ademais das agrupacións musicais e folclóricas dos propios centros e casas de Galicia, actuarán grupos vidos desde a Galicia territorial.

Coa súa presenza nesta gran celebración dos galegos e as galegas na Suíza, os altos cargos da Xunta queren transmitir o compromiso constante do Goberno galego coa diáspora en Suíza, e en Europa e no resto do mundo. Non en van, en termos comparativos, ningún outro goberno autonómico realiza o esforzo orzamentario do galego en materia de atención ás cidadás e aos cidadáns residentes no Exterior.

Atención á diáspora
Na súa alocución ás e aos presentes, Hernández porá de manifesto o importante labor que esta asociación desenvolve en Zürich coa organización de numerosas charlas informativas sobre o retorno, a integración da mocidade, clases de lingua e cultura ou formación profesional. “Constitúe un auténtico exemplo de integración no país”, salienta o conselleiro.

Pola súa banda, Miranda pedirá colaboración ás e aos presentes para axudar na promoción exterior de Galicia: “Grazas á evolución dos medios de transporte, Suíza e a nosa terra están máis preto ca nunca. Pídovos que aproveitedes esa circunstancia para facilitar que os vosos veciños coñezan e queiran Galicia como vós o facedes”, defende o secretario xeral.

Os altos cargos da Xunta recordarán que os galegos e as galegas “gozades dunha excelente imaxe en Suíza, gañada co voso traballo e dedicación”. Asemade, Miranda xa ten vaticinado que “o resultado do referendo recente que defendía a restrición do acceso ao mercado laboral na Confederación Helvética, se chegase a entrar en vigor, racharía o Tratado de Schoengen; e mesmo así, non afectaría en absoluto aos galegos aquí residentes, nin aos que quixeran vir”.

Zug e Olten
Antes de participar na gran celebración de Zúrich, Rodríguez Miranda achegarase a coñecer persoalmente ás socias e socios, e as instalacións físicas, dos centros galegos de Zug e Olten, continuando así o seu percorrido por tódalas comunidades galegas na Suíza, que xa iniciara no seu primeiro ano no cargo.

O Centro Galego de Zug ‘A Nosa Terra’ –sito concretamente na localidade de Steinhausen- nace no ano 1990 co obxectivo “do fomento e divulgación de actividades culturais e deportivas” entre a colectividade asentada naquela zona. O segundo deles, o de Olten, foi fundado no ano 1969, e continúa celebrando actividades no ámbito cultural e lingüístico, malia que a maior parte dos seus socios e socias xa son fillas e fillos de galegas e galegos nados na Suíza.

1491 lecturas