Gran verbena na Sociedad Parroquial de Vedra, en Bos Aires

Haberá actuacións musicais, bailes e comidas típicas de varios países.

Listen to this page using ReadSpeaker
8 de abril de 2011.

A Sociedad Parroquial de Vedra, en Bos Aires, realiza o 16 de abril unha gran verbena internacional con actuacións musicais, bailes e comidas típicas de varios países. O evento terá lugar na sede da sociedade, na rúa José Mármol 760, e empezará ás 20.30 horas.

Participarán na festa o conxunto de danzas irlandesas EIRE, o grupo arxentino-croata Jorgovan e o conxunto de danza, música e cantareiras da Sociedade Parroquial de Vedra. Tamén haberá un gran baile coa Orquestra Los Peninsulares. O menú gastronómico conta con pratos típicos da cociña española como callos, xamón montañés, luras á galega, empanadas galegas e crioulas, filloas e sobremesas.

A entrada para a verbena custa 12 pesos e para os menores de 10 anos é gratis. Máis información no teléfono 4932-2010 e na páxina web da Asociación.

1281 lecturas