A "Sociedad Parroquial de Vedra" en Bos Aires celebra os seus 100 anos coa «Exposición do Traxe Galego»

A mostra está aberta ao público ata o 25 de setembro.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Sociedad Parroquial de Vedra en Bos Aires está a celebrar o seu centenario con innumerables actividades. Unha delas é a Exposición do Traxe Galego, unha mostra traída especialmente dende o Concello de Vedra.

Na exposición, os asistentes farán un percorrido polos traxes galegos antigos de gala e de cotío, algúns deles con máis de cen anos de antigüidade. A mostra tamén inclúe unha exhibición de material etnográfico procedente do Museo do Pobo Galego.

A exposición é gratuíta e estará aberta ata o 25 de setembro.

1883 lecturas