Galicia facilita que un equipo indíxena de fútbol da provincia de Misiones, na Arxentina, poida contar cun novo equipamento

A Secretaría Xeral da Emigación colaborou co C.D. Seixalbo de Ourense para facilitar o envío deste material.

As compoñentes do Tekoa Peruti, cos seus novos equipamentos
As compoñentes do Tekoa Peruti, cos seus novos equipamentos
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021.

O equipo indíxena Tekoa Peruti da provincia arxentina de Misiones acaba de estrear, o pasado 18 de decembro, o material deportivo e de xogo doado polo clube deportivo Seixalbo de Ourense co obxectivo de que as xogadoras, a pesar dos seus escasos recursos, puideran continuar a colleitar novos éxitos.

A Secretaría Xeral da Emigración colaborou co clube deportivo ourensán para facilitar o envío deste material ata Arxentina.

O equipo e os seus xogadores decidiron doara contía recadada coas multas que eles mesmos se autoimpoñen cando reciben algún tipo de amoestación ou chegan tarde a un adestramento e, así, ademais de doar material de segunda man, tamén poder comprar caneleiras para as xogadoras do Tekoa de xeito que se poidan protexer de posibles lesións. O envío contou con 18 conxuntos completos de xogo, bolsa porta balóns, chándales, balóns oficiais, petos, caneleiras, férulas e xogos de proteccións de articulacións.

294 lecturas