Emigración entregou diplomas acreditativos de participación a todas as agrupacións culturais das entidades que participaron no VI Día da Galicia Exterior
Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2022.
A Secretaría Xeral da Emigración publica unha galería de fotos da entrega de diplomas pola participación no VI Día da Galicia Exterior ás distintas entidades galegas do exterior que se desenvolveu o pasado 9 de xullo no parque da Alameda de Santiago de Compostela.
Esta actividade, e o posterior concerto de Susana Seivane, puxo punto e final a unha memorable xornada que reuniu a máis de 1.000 galegas e galegos chegados de diferentes países do mundo para celebrar o Ano Santo Xacobeo na capital de Galicia.
- Galería de fotos: acceder
Novas relacionadas