Un galego retornado apoiado pola Xunta traslada a Galicia a súa empresa, Enercraft, dedicada á fabricación de equipos de soporte enerxético para aeronaves

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e varios concelleiros de Sanxenxo visitaron as instalacións desta firma que achega I+D+i á comunidade galega.

O programa de axuda a emprendedoras e emprendedores retornados está aberto ata o 30 de setembro e contempla este ano apoios económicos para a posta en marcha de novos negocios pero tamén unha liña especial de reforzo covid co obxectivo de apoiar ás e aos emprendedores retornados polos efectos da pandemia.

A directora de Gain, pola súa banda, recordou que precisamente neste sector, o Polo Aeroespacial de Galicia xerou máis de 26M€ de negocio entre as 28 pemes galegas participantes e destacou que hoxe pecha a licitación para a selección de socios estratéxicos para desenvolver arredor de 80 proxectos. 

  • Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
    Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
  • Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
    Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
  • Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
    Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
  • Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
    Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
  • Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
    Imaxe da visita deste mediodía á empresa radicada no concello pontevedrés de Sanxenxo
Vídeo da visita a Enercraft
Listen to this page using ReadSpeaker
Sanxenxo (Pontevedra), 10 de setembro de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e os concelleiros de Sanxenxo, Paula Martínez, Flavia Besada e Marcos Guisasola, visitaron as instalacións da firma Enercraft situada no polígono de Nantes e dedicada á fabricación de equipos de soporte enerxético (baterías de gran potencia) para aeronaves e que foi creada en Arxentina por un galego que retornou en 2020.

Deste xeito, e tal e como explicou o propio Alberto Jurjo, esta firma foi creada na Arxentina, cando, en colaboración co seu socio, Eduardo Jorge Urquizú, en 2013, foron conscientes da importancia de que as aeronaves conten cunha batería de emerxencia en caso de quedarse sen enerxía en pleno voo. Deste xeito, Jurjo, enxeñeiro aeronáutico, e Urguizú, enxeñeiro electrónico, crearon esta firma que se fixo realidade en Canadá onde traballaron ata a chegada da covid-19. 

Foi naquel entón cando decidiron trasladar a firma a Galicia, buscando unha empresa auxiliar que achegara o persoal necesario para a construción destas baterías de gran potencia que requiren traballadoras e traballadores moi especializados, comezando así a súa colaboración con Inelsa no polígono de Nantes de Sanxenxo.

Antonio Rodríguez Miranda destacou a importancia de que galegas e galegos emprendedores retornados poñan en marcha iniciativas coma Enercraft, que achegan I+D+i á comunidade galega.

Para axudarlles na instalación da súa firma en Galicia, contaron cunha axuda da Secretaría Xeral da Emigración de 7.000 euros, a través da liña de axudas a emprendedoras e emprendedores retornados

O secretario xeral da Emigración destacou a importancia do pulo empresarial das e dos galegos retornados, “que apostan por poñer en marcha novas empresas, moitos deles, como no caso de Alberto Jurjo, de alta cualificación profesional, que aportan a nosa terra os contactos e coñecementos adquiridos, creando unha iniciativa de gran valor engadido”. 

Máis de 26M€ de negocio arredor do polo aeroespacial de Galicia
A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, aproveitou a visita a esta firma dedicada ao sector aeroespacial para destacar a oportunidade que supón para o tecido empresarial galego o Polo Aeroespacial de Galicia, que se atopa actualmente nunha etapa de consolidación na que o Goberno galego xa ten comprometidos 70M€ para reforzar a súa pegada industrial; a proxección internacional a través da comercialización de novos produtos e tecnoloxías innovadoras e a xeración de emprego cualificado. No período 2015-2020, 28 dos 50 axentes implicados no Polo foron pemes, cunha facturación conxunta de máis de 26 millóns de euros. 

Ademais, Argerey tamén lembrou que hoxe pecha a licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos para desenvolver arredor de 80 proxectos de I+D na nova etapa do Polo Aeroespacial de Galicia, da que se agarda que produza un efecto tractor sobre 80 pemes galegas e multiplicar así a capacidade tecnolóxica galega.

Pola súa banda, Rodríguez Miranda recordou que, no eido da axuda ás e aos emprendedores retornados, continúa aberta a nova liña de axudas, que en 2021 conta cun orzamento de 800.000 euros. O pasado ano, beneficiáronse da mesma 94 emprendedoras e emprendedores retornados.

Este programa de axudas ao emprendemento das e dos retornados conta este ano cunha liña especial a causa da covid-19, “xa que somos conscientes das dificultades que supón emprender e máis nun tempo tan complexo como o que estamos a vivir coa actual pandemia”.  

As axudas serán de 5.000 euros no caso da primeira liña (aumentables en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 2.000 se se pon en marcha nun concello rural) e de 3.000 no caso da segunda liña. 

Esta liña de subvencións ten como fin favorecer o retorno á nosa comunidade autónoma dos galegos e galegas residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

1093 lecturas