Galegas e galegos do Uruguai percorreron os dez quilómetros que separan as dúas mouteiras do Camiño de Santiago que existen en Montevideo

Imaxe da andaina que tivo lugar na capital uruguaia
Imaxe da andaina que tivo lugar na capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 4 de xuño de 2022.

Galegas e galegos do Uruguai percorreron esta pasada fin de semana os dez quilómetros que separan as dúas mouteiras da ruta xacobea que existen en Montevideo e que conectan a empresa Cutcsa coa praza de Galicia na Rambla.

O obxectivo desta iniciativa, posta en marcha pola Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, foi promover o Camiño de Santiago e o Ano Santo Xacobeo que estamos a vivir. Esta entidade leva tempo traballando para potenciar o Camiño en Uruguai, e xa creou unha ruta de 25 quilómetros que une 35 puntos que vinculan a Galicia con Uruguai. A idea é, posteriormente, enlazar este camiño co departamento de Colonia. 

463 lecturas